menú

3ollos R é o novo servizo de R que che conecta co que máis queres.

O servizo componse de múltiples opcións para que coides dos teus como ti queiras:

3ollos R móbil
3ollos R fogar



3ollos R fogar

3ollos R fogar converte a túa casa nun espazo intelixente e mantente informado de todo o que sucede cando non estás.

ademais, acender unha lámpada, o forno ou a calefacción desde o móbil xa é un feito.

aprende a aforrar na factura da luz e a configurar notificacións para saber se a porta principal ábrese cando estás de vacacións ou se se detecta movemento onde non debería.

para que 3ollos R fogar funcione correctamente instalaremos na túa casa un concentrador.

R instálacho e, se se estraga, enviamos alguén a revisalo e substituímoscho sen custo se fose necesario.

se desexas ter máis información sobre o concentrador, podes velo nos apartado "equipos" do manual de usuario de 3ollos R.



a miña familia?... moi ben

pasa o rato por riba dos iconos para descubrir que pode facer por ti




aforra mes a mes

pasa o rato por riba dos iconos para descubrir que pode facer por ti




fogar, doce fogar

pasa o rato por riba dos iconos para descubrir que pode facer por ti




3ollos R móbil

converte o teu móbil nun sensor con 3ollos R móbil e atopa a localización da túa familia en tempo real, recibe notificacións cando cheguen ao cole ou á piscina e permite que contacten contigo de forma rápida se o necesitan.

todo a través da app de 3ollos R.

0€/mes
*se es cliente de R, descarga aquí a app de 3ollos R e desfruta do servizo.
*se non es cliente de R, chama ao 1449 ou visita unha tenda R para dar de alta o servizo.
*condicións da promoción
*que preciso para comezar a utilizar 3ollos R móbil?


como funciona?

o funcionamento de 3ollos R móbil é moi sinxelo.

Unha vez descargues a app, accede coas mesmas credenciais que utilizas para entrar na web de clientes de R. Se nunca entraches, entra na web de clientes e pincha en: “é a túa primeira vez por aquí ou olvidaches o contrasinal?” para xerar un contrasinal.

Dille aos que máis queres que comecen a utilizar a app, así saberás se os teus pais chegaron ben da súa viaxe ou se os peques están no cole.

A túa familia pode acceder á app de dúas formas:

  • Cun usuario delegado. Crea para cada un un usuario delegado na web de clientes. Así seredes todos administradores e saberedes en cada momento onde estades.
  • Cunha Invitación de conexión. Envía unha invitación de conexión a cada membro da túa familia. Desta maneira, saberás en todo momento onde están.



que podo ver na app de 3ollos R?

localiza ao instante aos que máis queres. Respira tranquilo sabendo que se atopan nun lugar seguro ou volvendo a casa.

marca lugares como zonas seguras e crea regras para saber se chegaron a tempo ao cole ou á piscina.

3ollos R móbil non é só para que protexas aos máis pequenos e maiores. Se che gusta facer deporte ao aire libre, deixa que a túa familia coide de ti e localízate se é necesario.

recibe e envía alertas de forma inmediata se algo non vai ben.

3ollos R móbil tamén coida a túa privacidade. Como administrador, podes decidir se queres compartir a túa localización e só ti poderás ver a localización dos usuarios invitados.



e ademáis...


instalación gratuita


soporte e axuda gratis


xestiona os teus equipos dende a app


servizo robusto e seguro


instalación gratuita


soporte e axuda gratis


xestiona os teus equipos dende a app


servizo robusto e seguro