menú

a app de 3ollos R

desfruta da aplicación de 3ollos R. Aquí tes unha guía de instalación por se tes dúbidas.


3ollos R

 app 3ollos R

utiliza o código QR para acceder á aplicación ou ben fai clic aquí:

  app android    app iOS


e que se pode facer?


leva 3ollos R no teu móbil e descubre que pasa na túa casa ou no teu negocio esteas onde esteas. Coa app de 3ollos R podes: recibir avisos, consultar as medidas dos teus sensores ou acender un enchufe, aínda que non esteas na casa.

segue os seguintes pasos para descargar a app de 3ollos R.

paso 1
descarga a aplicación de 3ollos R de Play Store (se non tes a app de R, pedirache que a descargues).
descarga a aplicación de 3ollos R de Apple Store (non é necesario que instales a app de R para que funcione).
segue as instrucións. Unha vez descargada, aparecerá co resto de apps.


paso 2

para usar a app de 3ollos R, necesitas o contrasinal de acceso á web de clientes R. Accede a clientes.mundo-R.com e rexístrate (se xa tes o contrasinal da web de clientes R, podes saltar este paso). Tamén poderás acceder se tes un usuario autorizado.


paso 3

ponlle un nome ao teu dispositivo. Serve para que poidas recibir notificacións.


se tes máis dun servizo contratado, terás que seleccionar cal queres consultar. En inicio, pulsa sobre a icona con forma de edificio para seleccionar o que queiras.


os sensores de 3ollos R fogar infórmanche do que sucede na túa casa. Na app de 3ollos R podes consultar se a porta está aberta, cal é a temperatura do salón ou canto está a consumir o termo.

segue os seguintes pasos para consultar as medidas dos teus sensores.


paso 1

busca o sensor ou medidor que queres consultar desprazándote cara abaixo. Na caixa de cada equipo, verás as medidas en tempo real.


paso 2

para coñecer o histórico de medidas, pulsa a icona "estatísticas" que atoparás na parte superior dereita de cada caixa.


paso 3

escolle na primeira columna a medida que queiras consultar e revisa na gráfica a evolución das últimas medidas.


personaliza regras para que 3ollos R fogar simule presenza cando non estás na casa ou configúrao para que che avise se se abre a porta da casa se é de noite.

para que isto funcione, debes dicirlle a 3ollos R fogar cando estás na casa ou cando é de noite para ti. Iso é o que chamamos "modos", os teus horarios.

podes configurar os modos de forma manual ou programalos. Se escolles o modo manual, terás que dicirlle sempre a 3ollos R fogar se estás fóra ou na casa. Se o programas, só terás que facelo unha vez.

segue os seguintes pasos para configurar os modos para que 3ollos R saiba cando estás na casa ou cando é de noite para ti.

paso 1

para cambiar de modo, pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

para cambiar de modo de modo de xeito manual, pulsa en "manual" e selecciona cada unha das opcións (noite, na casa ou fóra da casa) cando corresponda.


paso 3

se queres que 3ollos R fogar cambie os modos de maneira automática, pulsa en "programado".


paso 4

pulsa "programación de modo", para configurar o horario que corresponda a cada modo.


paso 5

escolle o día da semana que queres e pulsa sobre a franxa horaria que queiras programar.


paso 6

dille a 3ollos R fogar cando é de noite para ti ou a que hora estás na casa.


se queres replicar o horario de calquera día ao resto da semana, pulsa en "copiar programación".


grazas ás regras podes saber se a persoa que coida dos teus pais chegou a casa, se os nenos chegaron ao cole, se hai fume ou se se detectou movemento no teu fogar mentres non estabas. Tamén poderás acender un calefactor se fai frío ou unha lámpada cando é de noite.

segue os seguintes pasos para configurar regras.

paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción regras para que 3ollos R te avise ou actúe por ti.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

pulsa a icona "filtros" para atopar con maior facilidade a regra que queiras programar.


podes filtrar por:

  • acción: dille a 3ollos R que che mostre as regras que valen para que recibas un aviso ou aquelas que fan que 3ollos R actúe por ti. Por exemplo, unha regra de aviso sería: avísame se hai fume na casa. Unha regra de acción sería: apaga un enchufe a unha hora determinada
  • uso: dille a 3ollos R que che mostre as regras que mellor se adaptan a nenos, maiores ou mascotas. Filtra tamén por confort para facer do teu fogar un lugar máis cómodo ou filtra por tranquilidade para recibir avisos do que pasa en casa cando non estás
  • sensor: dille a 3ollos R que che mostre as regras que afectan a un sensor, medidor ou a unha cámara en concreto
para aplicar os filtros pulsa en "aceptar".


paso 5

para configurala, pulsa na icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa enriba da regra se tes un iPhone.

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

a regra aparecerá activa na listaxe de regras.


non importa onde esteas, con 3ollos R fogar podes ver que sucede na túa casa en cada momento. Ademais, poderás gravar un vídeo do que estás a ver en directo e revisalo logo.

segue os seguintes pasos para facer todo isto coas túas cámaras.

paso 1

pulsa o botón de "play" para ver a túa cámara en directo.


para ver as imaxes a pantalla completa pulsa a icona "expandir" que atoparás na parte inferior dereita da cámara.


paso 2

pulsa o botón "rec" para gravar o que estás a ver.


paso 3

pulsa o botón "stop" para deixar de gravar se tes un móbil Android ou volve pulsar "rec" se tes un iPhone.Ten en conta que 3ollos R fogar pode gravar vídeos de ata un minuto.


paso 4

para revisar o que gravaches, pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 5

escolle "gravacións" para revisar todos os teus vídeos.


paso 6

busca a gravación que queiras revisar. Para coñecer máis detalles, pulsa sobre a carátula do vídeo.


paso 7

pulsa "play" para reproducir a gravación.

os vídeos eliminaranse automaticamente 29 días despois de gardarse. Se queres gardar algún, pulsa en "non borrar". Se non queres esperar tanto para borralo, pulsa en "borrar agora".

se queres descargar os vídeos que graves, entra en 3ollosR.mundo-r.com, vai a gravacións, elixe o vídeo que queres gardar e fai clic en: descargar vídeo.


configura 3ollos R fogar para que grave un vídeo cada vez que abra a porta principal da casa. Así saberás se chegaron os teus pais ou os nenos ou se o teu cuñado foi regar as plantas mentres estás de vacacións.

segue os seguintes pasos para saber quen entrou na casa.


paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción "regras" para que 3ollos R grave un vídeo e te avise.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

busca a regra: grava un vídeo se se abre unha porta ou unha fiestra.

utiliza os seguintes filtros para atopala con maior facilidade.

  • acción: avísame
  • uso: tranquilidade
  • sensor: cámara


paso 5

busca a regra: "grava un vídeo se se abre unha porta o unha fiestra".

para configurala, pulsa a icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa enriba da regra se tes un iPhone.


paso 6

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

a regra aparecerá activa na listaxe de regras.

cada vez que se abra a porta recibirás unha notificación. Tamén poderás consultar no detalle do sensor de porta, a que hora abriu o quen entrou na casa.


con 3ollos R fogar podes acender e apagar enchufes desde o móbil. É moi útil se deixaches un electrodoméstico aceso ou queres que arrinque un calefactor antes de que chegues a casa.

é moi fácil, pulsa o conmutador para acender e apagar un enchufe cando queiras.


comparar o consumo que rexistrou o teu medidor de cadro coa factura da luz é moi fácil con 3ollos R fogar.

segue os seguintes pasos para facelo.

paso 1

busca o medidor de cadro desprazándote cara abaixo.


paso 2

pulsa en "accións" na caixa do medidor. Despois, pulsa en "poñer a 0 consumo". Realiza esta acción o mesmo día que se inicie o ciclo de facturación.


tamén podes poñer a 0 o consumo dos enchufes para monitorizar a electricidade que gastan os teus electrodomésticos.


saber ao momento se hai unha fuga ou fume na casa é moi fácil con 3ollos R fogar.

segue os seguintes pasos para configurar alertas.

paso 1

pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción "regras" para que 3ollos R te avise.


paso 3

pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.


paso 4

busca a regra: "avísame se hai fume". Podes configurar a mesma alerta para o detector de auga, buscando a regra: "avísame se hai unha fuga de auga".

utiliza os seguintes filtros para atopala con maior facilidade:

  • acción: avísame
  • uso: tranquilidade
  • sensor: sensor de emerxencias


paso 5

busca a regra: "avísame se hai fume".

para configurala, pulsa na icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa encima da regra se tes un iPhone.


paso 6

para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone.

A regra aparecerá activa na listaxe de regras.


ver que fai a túa mascota dende o teu móbil, escoitala e falar con ela é moi fácil con 3ollos R fogar.

segue os seguintes pasos para facelo.

paso 1

pulsa o botón de "play" para ver que está a facer a túa mascota.

para ver as imaxes a pantalla completa pulsa a icona "expandir" que atoparás na parte inferior dereita da cámara.


paso 2

pulsa o botón "micrófono" de xeito continuado para falar con ela.


paso 3

se está a facer algo gracioso, pulsa o botón "rec" para gravalo.


paso 4

pulsa o botón "stop" para deixar de gravar se tes un móbil Android ou volve a pulsar "rec" se tes un iPhone.

Ten en conta que 3ollos R fogar pode gravar vídeos de ata un minuto.


con 3ollos R podes acender a calefacción dende o móbil. Moi útil se queres que arrinque antes de chegar á casa da aldea ou se non a apagaches ao saír.

paso 1

é moi simple. Despraza o selector manual e marca a temperatura que queiras.


paso 2

dille a 3ollos R durante canto tiempo queres que permaneza o termóstato a esa temperatura.


Se non queres preocuparte, prográmao.

paso 1

busca o termóstato e pulsa enrriba.


paso 2

no conmutador, selecciona o modo programado.


paso 3

desprázate cara abaixo e marca a temperatura ao teu gusto en “horario de programación”.


O funcionamento é sinxelo. Marca a temperatura máxima que queres alcanzar durante distintos días e horas concretas. O resto do horario manterá a temperatura anterior ata que haxa outro cambio. Por exemplo, se o luns ás 06:00 fixas a temperatura a 19º e ás 10:00 fixas a temperatura a 17º C, entre as 06:00 e as 10:00 a temperatura establecida será 19º C.

Os momentos nos que se produce un cambio de temperatura indícanse en cor vermella.


se queres apagar o termóstato...

o termóstato intelixente non ten un botón de apagado como tal. Só fixa a temperatura. Se a temperatura establecida é menor que a temperatura ambiente, non entrará en funcionamento. En caso contrario, actuará.

a temperatura mínima que se pode programar é 5ºC e a máxima 30ºC. O equivalente para “apagar” o termóstato, é fixar a temperatura a 5ªC.


se fixas a temperatura dende o equipo e non dende a app...

se fixas a temperatura do termóstato dende o equipo e non dende o móbil, notificarase que o termóstato foi manipulado e que cambiou a temperatura. A nova temperatura estipulada prevalecerá sobre calquera acción establecida na app e manterase así durante unha hora. Pasada esa hora:

  • se o termóstato estaba en modo manual por tempo indefinido, a temperatura elixida desde o equipo físico substituirá á temperatura establecida dende a app/web.
  • se o termóstato estaba en modo manual por tempo definido (unha hora, dúas horas...), a temperatura establecida dende o equipo físico estará activa como mínimo unha hora, e se pasada esa hora aínda quedase tempo do establecido por ti, a temperatura fixada dende o equipo físico, manterase ata que finalice o tempo que decidiches.
  • se o termóstato estaba en modo programado, transcorrida unha hora, o termóstato volverá á temperatura programada.


para poder usar 3ollos R móbil, tes que ir ao play store ou ao apple store e descargar e instalar a aplicación de 3ollos R móbil.

despois, terás dúas maneiras de entrar na aplicación:

Usando un usuario e contrasinal da web de clientes de R. Desa forma, serás administrador do servizo e poderás convidar a outras persoas, definir lugares e regras e ver a localización do resto de persoas.

Usando un código de invitación que che enviaran. Desa forma, poderás enviar un aviso ao resto de persoas de 3ollos R móbil e notificarás da posición na que che atopas ao resto de administradores do servizo.

segue os seguintes pasos para crear e enviar un código de invitación para que unha persoa entre como administrado en 3ollos R móbil

paso 1

Dende a pantalla de inicio, pulsa no botón engadir un móbil ou no lapis.

paso 2

Chegarás a unha nova pantalla onde se xerou un código automático de invitación.

Usando o botón compartir, poderás enviarllo á persoa que queiras para que entre en 3ollos R móbil.

Lembra que este código só se pode enviar a unha persoa. Se queres enviar un código de invitación a outra persoa, repite estes pasos tantas veces como persoas queiras convidar. Cada unha recibirá o seu código individual.


para poder recibir un aviso cando unha persoa entra ou sae dun lugar tes que facer dúas cousas:

  1. Definir cal queres que sexa ese lugar.
  2. Definir unha regra
segue os seguintes pasos para definir un lugar do que queiras saber se alguén entra, sae ou pasa por el

paso 1

pulsa no menú, a icona con tres varras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.


paso 2

escolle a opción "lugares" para definir un lugar en 3ollos R.


paso 3

pulsa o botón “novo lugar”.


paso 4

escribe a dirección do lugar que queiras definir, pon o nome do lugar, usa as súas coordenadas ou usa a túa posición actual.


paso 5

usa a barra de desprazamento para axustar o radio que queres usar para que che avise cando alguén entre, salga ou pase polo sitio que estás a definir. Non fagas un radio moi grande nin moi pequeno para evitar que che avise demasiado pronto ou non che avise.

tamén podes mover todo o círculo que define o lugar, picando sobre el e desprazándoo co dedo.

cando termines, pica en “Seguinte”.


paso 6

Pon un nome para identificar o lugar, define unha icona e se queres, xa podes crear regras de aviso para que che indique que persoas entran ou saen dese lugar (para poder facer este paso, é necesario que convidases xa a outros móbiles para entrar na aplicación. Por iso é recomendable primeiro convidar a todas as persoas que queiras que estean en 3ollos R móbil e despois, crear os lugares). Se non creas esas regras agora, poderalo facer desde o menú de regras cando queiras.

para terminar, pulsa en finalizar.


paso 7

se definiches regras ao crear o lugar, veralas creadas no apartado de regras.


Poderás enviar unha mensaxe de aviso ás persoas que teñan descargada a aplicación de 3ollos R móbil

A forma de envialo é distinta se es administrador ou administrado. Aquí ensinámosche:

  • administrado: Na pantalla de inicio, terá un botón de enviar aviso. Pulsando sobre el, enviarase un aviso ao resto de equipos que teñan descargado e instalado 3ollos R móbil
  • administrador: Tamén ten un botón de enviar aviso, pero nun tamaño máis reducido. Pulsando sobre el, enviarase un aviso ao resto de equipos que teñan descargado e instalado 3ollos R móbil


se es administrador, poderás ver a localización dos administrados que teñan a aplicación de 3ollos R móbil e daqueles administradores que decidisen compartir a súa localización.

segue os seguintes pasos para ver a localización dunha persoa que estea a usar 3ollos R móbil.


paso 1

dende a pantalla de inicio, poderás ver a localización de todas as persoas que teñan 3ollos R móbil.


paso 2

se picas sobre unha icona no mapa, poderás ver como chegar ata ela.


paso 3

se queres entrar no detalle dunha persoa en concreto, pica sobe ela na listaxe que tes debaixo do mapa e irá a unha nova xanela co detalle desa persoa en concreto.