desfruta con calidade dixital de canles de cine, documentais, música, internacionais... Todo, cun mando universal para controlar o desco, a TV e o DVD. Ademais, co desco SD de R tes acceso ao portal de vídeo baixo demanda, co cal ver contidos xa emitidos de canles no servizo de rebobina (que podes desfrutar en calquera momento) ou ben reproducir películas, documentais e series de estrea no catálogo R.
dispoñible dentro do combo 6 mini, 20 mini e 100 mini.
todas as posibilidades ao teu alcance mediante a conexión HDMI, a única realmente dixital HD, para desfrutar da verdadeira alta definición da televisión R e con outros tipos de conexións se aínda estás a esperar pola tele que queres: YPrPb ou o menos recomendable euroconector; saída de audio dixital 5.1, porto ethernet para a conexión a internet.
indicadores claramente visibles para que saibas en todo momento o estado do teu desco R HD, botóns físicos por se quedas sen pilas no mando en mal momento, indicador de conexión á rede para o teu servizo de internet no desco, indicador de gravación... E unha entrada USB das dúas que ten o desco para nun futuro poder acceder a outros contidos e desfrutarlos en alta definición ou en 3D e, na parte superior, todo preparado para que dispoñas máis adiante dun disco duro por se non che convence a programación de rebobina, ti elixes o que queres gravar.
dispoñible nas opcións tv series, tv familia e tv total dentro dos combos 10, 20, 100 e 200, permitindo o acceso de ata 20 canles en HD (segundo a opción contratada).